sábado, 27 de abril de 2024

OBSERVATORIO AVES DE CRENDES (presa de Cecebre)

 Despois da visita á TELVA, o alumnado de 1º ESO visitou o mesmo día 26/04/24 o encoro de Cecebre, onde se produce o reservorio de auga para o abastecemento da ETAP.

 O encoro de Abegondo-Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña (e que ocupa unha superficie de 493,41 hectáreas), foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade e a súa área metropolitana. O encoro tamén regula o caudal dos ríos Mero e Barcés que regan Cecebre e alberga numerosas aves acuáticas, moitas delas migratorias. Discorre polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.

O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación, ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. A súa contorna está considerada LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) dende o ano 2006. Rodeado por amplas zonas de bosque e campiñas, forma parte da Rede Natura 2000 da UE como Zona de Especial Conservación (ZEC) de 529 hectáreas e, como tal, é unha das Zonas Núcleo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.


Encoro de Cecebre, observatorio de aves
Interés ornitolóxico
A súa escasa profundidade (cun máximo de 15 m e unha media de 6 m) convérteo en ideal para numerosas aves acuáticas, sobre todo en migración e invernada. Entre as moitas especies presentes destaca a invernada regular de aguia peixeira (Pandion heliaetus) e garzota grande. Acolle boas cifras de cerceta e pato cristado, e destaca pola abundancia de mergullón pequeno e as súas cifras de mergullón cristado. Outras acuáticas típicas son pato frisado, pato común, bilurico das rochas e grande, avefría europea ou, cando o nivel da auga está máis baixo, cullereiros comúns e biluricos. En pleno inverno, cénsanse aquí ata 900 exemplares de aves acuáticas.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    


  

VISITA ETAP "A TELVA" venres 26/04/24).

 No estudo do ciclo urbano da auga da comarca, o alumnado de 1º da ESO visitou o venres 26 de abril a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) da TELVA . Esta ETAP é unha planta industrial na que se captura, decanta, filtra e esteriliza a auga procedente do encoro de Cecebre a través do río Mero. Unha vez rematado este proceso, a auga é impulsada á cabeceira das redes de subministración, xa apta para consumo humano.

Situadas no termo municipal de Cambre as instalacións son o froito da evolución a través dos anos ata a configuración actual. Consta neste momento de tres depuradoras con liñas semellantes e cuxa diferenza radica basicamente no equipamento e tecnoloxía dos seus mecanismos reguladores.

                                                                                                                                                                                                                      

mércores, 8 de novembro de 2023

SAÍDA MOSTREO mércores 8 novembro 2023

        
         1º ESO B - mostreo 8/11/23

         Saída ás 11:30 e volta ás 14:15
        Punto de mostreo na beira da ponte de Barallobre. Día gris e chuvioso, con bo caudal no río despois de varias semanas de chuvias intensas.







 

mércores, 18 de outubro de 2023

UBICACIÓN TREITO MOSTREO

 UBICACIÓN TREITO MOSTREO

O tramo de traballo no río Mendo estará ubicado entre a ponte de Roibeira e a ponte de Barallobre. 

         Coordenadas do inicio (Roibeira) e do final (Barallobre) dun treito de 500 m de río.

inicio: 43°16'06.76"N  8°12'31.33"W (43.268545 -8.208704)


final: 43°15'53.66"N 8°12'04.73"W (43.264905 -8.201313)




                    Desde o IES teremos un traxecto andando duns 2 Km de lonxitude.

xoves, 12 de outubro de 2023

 O IES "As Mariñas", ubicado nos antigos terreos de influencia mareal da canle do río Mendo en Betanzos, leva anos traballando co seu alumnado no coñecemento e revalorización do seu entorno. Estes procesos de ensino-aprendizaxe xurdiron coa intención de instaurar unha cultura ambiental que leve á poboación da comarca a respectar e recuperar, na medida do posible, os ecosistemas fluviais e o seu patrimonio cultural, buscando un uso sustentable da auga que, cada vez máis, é un recurso escaso e indispensable. Para continuar afondando neste traballo, o IES decide neste curso 23/24 incorporarse de novo no Proxecto Ríos.

 

O “Proxecto Ríos” é unha iniciativa de sensibilización, educación e participación cidadá na defensa dos nosos ríos que se adecúa ás nosas aspiracións e posibilidades, xa que promove a realización de inspeccións do estado do río por parte de colectivos de voluntariado no ámbito local, co obxectivo final de encargarse do seguimento/vixilancia (adopción) dun treito do río.


As inspeccións consisten na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, utilizando materiais facilitados gratuitamente polo Proxecto Ríos, permitirán ao alumnado do IES “As Mariñas” achegarse a o medio desde unha perspectiva científica e cunha clara conciencia de posta en valor do noso entorno e de fomento da participación cidadá a modo de voluntariado ambiental, esencial para a defensa da nosa natureza.

Cos datos obtidos nas mostraxes axudarán a elaborar anualmente o Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos.


            



 


 TRABALLOS SOBRE AS ÁRBORES DE RIBEIRA E AUTÓCTONAS DE GALICIA O alumnado de 1º ESO A e B, realizaron diferentes traballos sobre as árbores ...