No estudo do ciclo urbano da auga da comarca, o alumnado de 1º da ESO visitou o venres 26 de abril a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) da TELVA . Esta ETAP é unha planta industrial na que se captura, decanta, filtra e esteriliza a auga procedente do encoro de Cecebre a través do río Mero. Unha vez rematado este proceso, a auga é impulsada á cabeceira das redes de subministración, xa apta para consumo humano.
Situadas no termo municipal de Cambre as instalacións son o froito da evolución a través dos anos ata a configuración actual. Consta neste momento de tres depuradoras con liñas semellantes e cuxa diferenza radica basicamente no equipamento e tecnoloxía dos seus mecanismos reguladores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario