Despois da visita á TELVA, o alumnado de 1º ESO visitou o mesmo día 26/04/24 o encoro de Cecebre, onde se produce o reservorio de auga para o abastecemento da ETAP.
O encoro de Abegondo-Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña (e que ocupa unha superficie de 493,41 hectáreas), foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade e a súa área metropolitana. O encoro tamén regula o caudal dos ríos Mero e Barcés que regan Cecebre e alberga numerosas aves acuáticas, moitas delas migratorias. Discorre polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.
O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación, ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. A súa contorna está considerada LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) dende o ano 2006. Rodeado por amplas zonas de bosque e campiñas, forma parte da Rede Natura 2000 da UE como Zona de Especial Conservación (ZEC) de 529 hectáreas e, como tal, é unha das Zonas Núcleo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Encoro de Cecebre, observatorio de aves
Interés ornitolóxico