mércores, 18 de outubro de 2023

UBICACIÓN TREITO MOSTREO

 UBICACIÓN TREITO MOSTREO

O tramo de traballo no río Mendo estará ubicado entre a ponte de Roibeira e a ponte de Barallobre. 

         Coordenadas do inicio (Roibeira) e do final (Barallobre) dun treito de 500 m de río.

inicio: 43°16'06.76"N  8°12'31.33"W (43.268545 -8.208704)


final: 43°15'53.66"N 8°12'04.73"W (43.264905 -8.201313)




                    Desde o IES teremos un traxecto andando duns 2 Km de lonxitude.

xoves, 12 de outubro de 2023

 O IES "As Mariñas", ubicado nos antigos terreos de influencia mareal da canle do río Mendo en Betanzos, leva anos traballando co seu alumnado no coñecemento e revalorización do seu entorno. Estes procesos de ensino-aprendizaxe xurdiron coa intención de instaurar unha cultura ambiental que leve á poboación da comarca a respectar e recuperar, na medida do posible, os ecosistemas fluviais e o seu patrimonio cultural, buscando un uso sustentable da auga que, cada vez máis, é un recurso escaso e indispensable. Para continuar afondando neste traballo, o IES decide neste curso 23/24 incorporarse de novo no Proxecto Ríos.

 

O “Proxecto Ríos” é unha iniciativa de sensibilización, educación e participación cidadá na defensa dos nosos ríos que se adecúa ás nosas aspiracións e posibilidades, xa que promove a realización de inspeccións do estado do río por parte de colectivos de voluntariado no ámbito local, co obxectivo final de encargarse do seguimento/vixilancia (adopción) dun treito do río.


As inspeccións consisten na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, utilizando materiais facilitados gratuitamente polo Proxecto Ríos, permitirán ao alumnado do IES “As Mariñas” achegarse a o medio desde unha perspectiva científica e cunha clara conciencia de posta en valor do noso entorno e de fomento da participación cidadá a modo de voluntariado ambiental, esencial para a defensa da nosa natureza.

Cos datos obtidos nas mostraxes axudarán a elaborar anualmente o Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos.


            



 


 TRABALLOS SOBRE AS ÁRBORES DE RIBEIRA E AUTÓCTONAS DE GALICIA O alumnado de 1º ESO A e B, realizaron diferentes traballos sobre as árbores ...